Ofertas de trabajo de CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, SCG - FoodTalent.gal

Envía tu CV a los empleos y revisa todos los puestos de trabajo de la empresa CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, SCG - FoodTalent.gal

CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, SCG
Sector: Industrias Manufactureras No Metálicas

CLUN nace no ano 2017 da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto coa vocación de ser referencia no sector agro gandeiro galego. Unha unión de 3 cooperativas con moita historia:

Os inicios de Feiraco remóntanse ao ano 1968 cando 400 gandeiros do val de Barcala. Ao longo da súa historia, máis de 10.000 socios formaron parte da familia Feiraco.

Os Irmandiños, localizada no municipio lucense de Ribadeo, nace en 1976 cando un grupo de 70 gandeiros dos concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada, Lourenzá e Foz decidiron construír unha fábrica de penso para abastecer as súas explotacións, principalmente de vacún de leite. Os Irmandiños inicia a súa actividade en 1978 e incrementa rapidamente o seu número de socios, chegando na actualidade a máis de 1.000 e presenza en uns 40 municipios de Lugo e Asturias.

Melisanto, localizada no concello coruñés de Melide, naceu en 1979 da iniciativa dun grupo de agricultores e gandeiros dos municipios de Melide, Santiso e Toques cos seguintes obxectivos fundacionais: adquirir produtos para as explotacións agrícolas e gandeiras dos socios, comercializar as producións, elaborar pensos compostos para o gando e, en xeral, servizos a socios para a mellora integral das súas explotacións.

 

Ofertas publicadas recientemente